deportistas

A Deputación de Ourense convoca as Axudas a Deportistas 2012

A Deputación de Ourense ven de publicar no Boletín Oficial da Provincial as bases para as Axudas a Deportistas 2012. Ata o vindeiro 11 de xaneiro de 2013, os deportistas interesados poderán solicitar as devanditas axudas que convoca a Deputación de Ourense, correspondentes a tempada deportiva 2011-2012, e con carácter exclusivo para deportes individuais. Destínase a tal fin a cantidade global de 25.000 euros, non podendo exceder a axuda máxima por deportista a cantidade de 3.000 euros. A convocatoria establece, ademais do obxecto e os posibles beneficiarios, a documentación que deben presentar, a comisión de valoración, ós criterios para a concesión das subvencións, e varios anexos ,que facilitan o modo de cubrir os datos administrativos e técnicos, que deben presentar os deportistas interesados. Para calquera aclaración pódese solicitar información na Sección de Subvencións da Deputación de Ourense: 988 011 446.

https://www.depourense.es/on-line/sub_perfil/documentos.php?codigo=53&ver=2&op=1