Publicadas as bases reguladoras de subvencións a Clubs, SAD e Agrupacións Deportivas Escolares

deportegalego

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a “RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.

 

Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASESREGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación daCONVOCATORIA.

 

Polo tanto, aínda non se poden presentar as solicitudes de subvención ata que non se publique no DOG o texto coa Resolución polo cal se CONVOCAN ditas subvencións.